Home link

Erasmus+ Days na EOI de Santiago

Rúa de Ulpiano Villanueva 1-2, Santiago de Compostela, Municipality of Santiago de Compostela, Spain

Back to listing

EOI Santiago de Compostela

Exhibition Other event Presentation Round table

Para celebrar os Erasmus+ Days, a EOI de Santiago quere compartir con toda a comunidade educativa o aprendido grazas á Acreditación Erasmus 2021-2027.
Contaremos cunha sesión de presentacións de profesorado que participou recentemente en mobilidades, que concluirá cunha mesa redonda onde as asistentes poderán facer preguntas e compartir as súas propias experiencias no programa.
Ademais, durante eses días teremos unha pequena exposición sobre as mobilidades do alumnado organizadas pola EOI, empregando tamén testemuños das participantes na mobilidade organizada o curso pasado en Irlanda.